martes, 23 de marzo de 2010
Ela, tan murcha como rosa envelenada
¿Onde está a rapaza? Alí inmóvil coa faciana triste e mirando o tráfico dende a fiestra, sentada nun recuncho pequeno, volta ás mesmas... Atópase lendo outro fragmento de ese artículos que veñen expostos no xornais de literatura, non ten espírito nin murcho nin florecente...Aii! Preocúpame esta nena... Hoxe témola pletórica e mañá xa ten a sonrisa virada cara o outro lado, pois estas prantas débense regar en gran cantidade porque son doutra variedade atípica das do sur de Galicia. Mira o outro día mesmo cando marchei, estaba desprendéndose dalgunhas follas e tiña o talo fóra do testo no que repousa desde que a teño. A min dame que a nena non mostra grandes conformodidades porque se encontra fóra de seu testo! Acaso alguén non viu a súa variedade aínda e non se lembrou dos seus coidados e, eso que estaba na tarxetiña que tiña ó lado na dedicatoria pero nada todos limítamonos a leelas sen reparar no seu decorado, nas súas verbas, nos seus puntos e comas... Vou procurar ser más metódico con ela para que non se esqueza de refulxir cada día dos que a teña. Teño moita palabrería quizaís pero mira non che hai moito onde escoller en prantas interiores e exteriores e, ao mesmo tempo seiche ben o clima ao que se expón está nova era modernizada! Máis tarde estou segura de que a nena terá a súa propia dedicatoria cunha distinción personalizada e que a pranta non volverá muchir.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)