martes, 21 de septiembre de 2010

Na procura do seu impuntual anxiño gardián

Ao mesmo que os semáforos que se atopan en verde coa luz recén alumeada e parpadeantes para muda-la luz a ámbar, ou coma as luces acesas da casa titubexan polo tronido ata quedar apagadas. Así encóntrome nestre intre pero diferenza de que as miñas sináis eléctricas xa me dan o mesmo que estén nun estado ou noutro...Todo isto é demasiado irrelevante e pouco significativo, prosigue o rol de "unha me doe e outra me proe"... Quixera ou gostaríame, que quizáis soa menos pretencioso, que en certa forma me pretenderan. Aínda que leve as palabras a donde queira é una evidencia nata. Claro que, Dulcinea do Toboso era unha e Don Quixote era outro, ámbolos dous persoaxes das historias de cabalerías irremplazables e insustituibles. Sen darme o máis mínimo beneficio a dúbida, teño a certeza de todo isto pero... Todo o que estou a dicir ou a expoñervos verifica os meus síntomas e doenzas, por sentilo meu corazón moi baleiro e ao borde do colapso ó tempo porque non ten namorado. Ogallá tivera ese alguén que fora a miña man dereita para que me a tendera como tal se esvarase na xeada do máis cru inverno, para que se me faltara una caricia nas primaveiras, cando nacen as flores, fose no seu punto preciso e ca ilusión necesaria. Nos veráns cos raios de luz abofantes, un suspiro de aire fose dabondo para levantar todo tipo de paixóns e, ca caída da folla en época outonal apareceran novidades e brotaran os sentimentos e emocións máis espidas. E que todos estes dexesos e anhelos se prolongasen ata preto de que os meus últimos pasos na vida terrenal, con todos vos, estiveran en declive. Isto ha de selo amor ou o menos unha sensación moi semellante ao paso das estacións ou a pirámide de maslow, en canto a paulatinidade á que acontecen as sensacións verdadeiras daquilo que se considera como tal. Frechiñas de cupido para todos ;)