viernes, 3 de junio de 2011

ESQUECÉNDOAS...(TENTANDO NON LEMBRARTE)

Certo día no que todo estaba a transcorrer sen preocupacións, sen cavilacións, sen quebradeiros de testa... Vaia, síntomas máis que evidentes de que eres cativo. De súpeto, todo isto evapórase como a auga polo seu percorrido de líquida a gasosa, cando percibes que ti tamén te atopas nun estado. O proceso consiste, neste caso, nunhas bolboretas que no intre no que se activan, baten as súas ás sen cesar e son capaces de chegar a ser uns suxeitos moi complicados de dominar. Posto que unha mirada, un xesto, un simple acercamento pode facelas espertar do seu soño encantado. Endexamais, puderon voar tan alto como estiveron agardando nese sono imperecedoiro, claro que un non decide nin elixe cando éstas deben posarse, nin moito menos a súa prolongación temporal. Tantas veces houbera desexado e tido vontade que ao mesmo cás mariposas de Vietnam que duran uns días e lle da tempo a experimentalo todo, cada instante e co apesarado final da súa doce morte, éstas partiran para sempre. Desgraciadamente os meus sentimentos nunca foron correspondidos xa que me namorei da persoa indebida e que seguramente nin sequera pagaba a pena haber coñecido polo que ocorreu despois. Foron anos de sufrimento, por ter que exterminar todas aquelas fermosas mariposiñas que loitaban cada segundo, cada minuto, cada hora por cobrala existencia... Na actualidade teño o pensamento firme de que as miñas mariposas de Vietnam pese ao seu case intacto espazo de tempo están a piques de desaparecer para converterse en protagonistas do pasado. Outra vez, volverei a redactar unha metamorfose e teño o convencemento diso¡ Non será cuestión doada porque isto foi un amor moi grande e todavía non arrincado de todo do meu ser... Teño moito por aprender das mariposas de Vietnam, en definitiva :)