viernes, 26 de febrero de 2010

Paseniñamente esplendor...

Contémploa positiva xa se move en dirección ao Norte...esperta... acontece...non se amola tanto pola súa ausencia. Estaba no Sur fai un intre coa frecha axeitada...queda...sinxela... Botaba de menos as aproximacións ao oeste, que simplista todo isto, aínda que non agoiro treboada, xa sólo me quedan as borrascas atmosféricas. Non me queda tempo, o tempo vai na miña agulla magnética, hoxe somos iso agullas negras moi difusas e, dígoche que horribles. A túa ben sei que está no seu espazo particular desa maneira colocada e tan calibrada, se souperas canto te admiro. .. Quero que sepas que xa permaneces incluída na miña caixiña persoal de cartón, de esas zapatillas ás que tanto me recordas que ámbalas dúas xa temos coloradas. A túa permanecerá impoluta pois xa sabes que eu son moi coidadosa con todo o que para min significa gran cousa coma tamén sabes que nada para o que non. Aínda me acordo cando estábamos no punto cero... que fácil foi contigo chegar aló, non che falo de grandes distancias pois sei que non podes ir más alá da caixiña senón de distancias ficticias que non hai. As outras dan máis tumbos ca tí e están sempre desubicadas. Ai que teima... pero bueno que enserio non venta e non venta! Hai algunha que si se vai poñendo nítida acercándose a raia do lado, percátome diso, quizáis máis da conta pero teño que arriscar algo. E todo un proceso que sempre teña por metódica cambialas a ver que ocorre pero son eficaces de verdade, xa que cando saio máis ou menos están no mesmo punto de invariablidade. Ojallá as agullas que miden o noso punto de encontro estén situadas na mesma dirección e que sempre estén en posición preparadas para un novo destino de punto cero, ese é o mellor de todos.

1 comentario:

  1. En esta entrada hablo de mi profesora favorita que recientemente se ha marchado al sur, de estrella a estrella ;)

    ResponderEliminar